Saturday, January 27, 2018

Dicionario de Arte (Dicionarios - Dicionarios Especializados)


Descargar PDF Leer en línea



O Dicionario de Arte é unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín, coa intención de proporcionar en galego unha explicación clara e breve, contextualizada e global dos termos claves da arte e da súa historia. Máis alá dun sinxelo glosario de termos artísticos, este primeiro dicionario en galego de arte inclúe termos referidos a conceptos artísticos fundamentais (arte, imaxe, composición, símbolo, representación ou estética); a períodos, etapas, movementos, estilos, caractertísticas, manifestacións, etc. (arte precolombina, barroco, castrexa, vangardas); a diversas formulacións das representacións visuais (arquitectura, pintura, escultura, fotografía, cinema, televisión, cerámica, gravado, instalación, etc.); a xéneros, temas e motivos porpios das obras de arte (icona, nu, Virxe, atributos, etc.); ás formais, referidas á natureza e confi guración dos diferentes elementos que as compoñen, partícipes do produto visual ou da obra de arte, sexan recursos, técnicas, materiais, ferramentas (soportes, arco, equilibrio, cor,luz, textura, etc.). Ademais das defi.

No comments:

Post a Comment

Note: Only a member of this blog may post a comment.